Área Interna: Mantemento e Xestión Web
Esta páxina é de uso exclusivo para o persoal do Concello. Aquí atoparás os manuais paso a paso para actualizar e manter a páxina web municipal
1. Deseño e Identidade Visual
Neste documento recóllense as normas básicas para que a web manteña sempre o mesmo estilo. Atoparás as cores corporativas, as tipografías que utilizamos para os títulos e textos, e os criterios básicos para non desconfigurar o deseño.
2. Actualización do Día a Día
A guía principal para o persoal de oficinas. Un titorial paso a paso con imaxes sobre como publicar novos bandos, engadir noticias de interese ou modificar textos de axudas e subvencións sen alterar a estrutura da páxina.
3. Estrutura e Navegación
Un esquema xeral para entender como están conectadas as páxinas por dentro, como funcionan os menús principais e onde dirixe cada ligazón.
Instrucións máis avanzadas para cando o Concello necesite lanzar un apartado completamente novo. Aprenderás a duplicar páxinas para aproveitar o deseño xa feito e como enlazalas correctamente.
4. Seguridade e Restauración
Unha guía rápida para solucionar problemas. Explicamos como funciona o sistema de copias de seguridade interno de IONOS para que, se por erro se borra algunha sección, poidas restaurar unha versión anterior en poucos clics sen perder información.
5. Accesibilidade e Posicionamento (SEO)
Guía para que a web sexa accesible para todos os veciños e fácil de atopar en Internet. Aprende a configurar os textos alternativos das fotografías para lectores de pantalla e a optimizar os títulos e descricións que aparecerán nas buscas de Google.
6. Analítica Web e Credenciais
Documento explicativo sobre o sistema de medición de visitas da páxina. Detalla o funcionamento de Google Analytics, a importancia de analizar o tráfico da cidadanía e inclúe as credenciais oficiais para acceder ao panel de control dos datos. As credenciales para leer o documento son as mismas que para acceder a páxina web a día 27-07-2026.
7. Cadros de Mando e Visualización de Datos (Looker Studio)
Acceso directo aos paneis interactivos de datos da web. Por motivos de seguridade, estes informes son privados. Para poder velos, tes que ter a sesión iniciada no navegador co correo oficial do Concello. O manual en PDF inclúe a explicación das métricas e instrucións de uso.
