Albergue de Peregrinos

Camiño de Santiago

Albergue de Peregrinos

Benvidos ao Albergue de Peregrinos de Xunqueira de Ambía. Un espazo pensado para o descanso e a recuperación dos camiñantes tras a súa etapa, situado na nosa vila.

Capacidade e Instalacións

  • O albergue conta con 24 prazas dispoñibles.

En caso de recibir grupos excepcionalmente numerosos, o Concello habilita o uso do pavillón de deportes municipal como zona de acollida de apoio.

Horarios e Contacto

  • Teléfono de atención: 689 866 494
  • Apertura do albergue: Dende as 12:30 ata as 22:00 horas.

Selado de credenciais: De 12:30 a 15:30 e a partir das 20:00 horas. (O rexistro e o pago realízanse directamente no propio albergue).

Tarifas e Normas de Uso 

Segundo a normativa oficial dos albergues da rede pública, o uso das instalacións réxese polas seguintes normas básicas:

  • Prezo: O bono do albergue ten un custo de 10€ (pago á chegada). É imprescindible conservar o xustificante ata abandonar as instalacións. Este bono só é válido para a data e o albergue onde foi adquirido.
  • Estancia: A pernoita está limitada a unha soa noite por peregrino e o acceso está suxeito ao límite das camas dispoñibles.

Orde de prioridade: No caso de alta ocupación, a orde de preferencia oficial para ocupar praza é a seguinte:

  • Peregrinos a pé.
  • Peregrinos a cabalo.
  • Peregrinos en bicicleta.
  • Persoas que viaxan con coche de apoio.

Unha vez adquirido o bono, é moi importante que se conserve ata que se abandone o albergue, no caso contrario, os albergueros/as poderán pedirlle ao peregrino que desaloxe as instalacións.

O albergue permanecerá aberto dende as 12:30 horas ata as 22:00 horas.

Edificio moderno de cor avermellada e deseño contemporáneo que funciona como albergue, situado nunha contorna verde.
Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.