Saudo do Alcalde

Xunqueira de Ambía

Como alcalde de Xunqueira de Ambía, é para min unha verdadeira honra saudar a todos os veciños e veciñas a través desta canle, así como dar a benvida a todas as persoas que nos visitan.

Esta nova páxina web pretende ser unha ferramenta áxil e útil na vosa relación coa Administración Local, pero tamén un espazo de información, tanto para a veciñanza no seu día a día como para os visitantes que queiran achegarse a coñecer o noso concello.

Xunqueira de Ambía agocha numerosos tesouros dos que aquí vos mostramos só unha pincelada, coa esperanza de que os descubrades en profundidade. Dende o noso río Arnoia e o castro de Outeiro do Castro, ata a maxestosa Colexiata e as numerosas e fermosas capelas das nosas aldeas. A Pedra Alta, a Cruz da Farria, o Castro da Bariña, o Bañiño ou a aldea de San Xillao e a súa "pedra lunar"... Son lugares únicos que están agardando a visita de todos e todas vós.

Recibide pois a miña máis sincera benvida. Agardamos que desfrutedes de Xunqueira de Ambía.

 

José Luis Gavilanes Losada 

Alcalde de Xunqueira de Ambía

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.