Protección de Datos

Concello Xunqueira de Ambía

PROTECCIÓN DE DATOS

"Persoas informadas e datos protexidos"

O Órgano de Goberno do Concello de Xunqueira de Ambía asume a máxima responsabilidade e compromiso co establecemento, implantación e mantemento desta Política de Protección de Datos. O noso obxectivo é acadar a excelencia no cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (Regulamento UE 2016/679) e da normativa vixente de protección de datos de carácter persoal.

Esta política descansa no principio de responsabilidade proactiva, o que significa que o Concello é responsable do cumprimento deste marco normativo e é capaz de demostralo ante as autoridades de control competentes.

Os nosos 10 principios de actuación: Todo o persoal do Concello réxese polos seguintes principios, que serven como guía no tratamento dos datos persoais da nosa veciñanza:

  • Protección dende o deseño: Aplicamos medidas técnicas e organizativas apropiadas, como a pseudonimización, concibidas para integrar as garantías necesarias no tratamento dende o primeiro momento.
  • Protección por defecto: Garantimos que só sexan obxecto de tratamento os datos estritamente necesarios para cada un dos fins específicos.
  • Ciclo de vida da información: As medidas que garanten a protección aplícanse durante o ciclo completo da vida da información.
  • Licitud, lealdade e transparencia: Os datos persoais serán tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coa persoa interesada.
  • Limitación da finalidade: Os datos recóllense con fins determinados, explícitos e lexítimos, e non serán tratados ulteriormente de maneira incompatible con ditos fins.
  • Minimización de datos: A información será adecuada, pertinente e limitada ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.
  • Exactitude: Os datos manteranse exactos e, se fose necesario, actualizados; adoptando as medidas razoables para suprimir ou rectificar sen dilación os datos inexactos.
  • Limitación do prazo de conservación: Os datos serán mantidos de forma que permitan a identificación das persoas interesadas durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento.
  • Integridade e confidencialidade: Aplicamos as medidas técnicas ou organizativas adecuadas para protexer os datos contra o tratamento non autorizado ou ilícito, e contra a súa perda, destrución ou dano accidental.
  • Información e formación: Todo o persoal involucrado con acceso aos datos é convenientemente formado e informado acerca das súas obrigas en relación co cumprimento da normativa.

Esta Política involucra a todo o persoal do responsable do tratamento e será revisada polo Órgano de Goberno do Concello de Xunqueira de Ambía tantas veces como se considere necesario para adecuarse ás disposicións vixentes.

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.