A Nosa Historia

Un pouco da nosa historia

Imaxe da Igrexa

A Nosa Historia

A hora de falar de Xunqueira de Ambía, non podemos esquecer o seu pasado. Unha historia chea de acontecementos de gran importancia e de lendas que forxaron a nosa identidade.

As Orixes e a Vía Romana Entre outros vestixios, destaca a calzada romana que atravesa o noso concello e que, na época medieval, serviu aos peregrinos para achegarse a Compostela, converténdose nunha importante ruta xacobea.

Ver albergue peregrinos.

A Lenda e a Colexiata A historia real sérvese da lenda para explicar as orixes da vila. O saber popular conta que, no século IV, apareceu unha imaxe da Virxe nunha lagoa onde medraban xuncos (de aí o nome de "Xunqueira"). Este milagre propiciou a construción dunha pequena ermida.

Esta capela foi evolucionando ata que, no século XII, estableceuse a irmandade de Santo Agostiño, convertendo a primitiva igrexa nun mosteiro. Xa no século XVI construíuse o seu espectacular claustro e permitiuse a edificación de casas arredor, nacendo así a vila actual. Hoxe podemos gozar de moitos vestixios daquel esplendor: a Colexiata de Santa María a Real, a Capela de San Pedro, o museo de arte sacra, pontes romanas, casas e pazos.

Ver Colexiata.

Un Tesouro Musical: O Órgano da Colexiata Pola súa singularidade, destaca o órgano da Colexiata, considerado un dos mellores de Europa no seu estilo. O actual é o terceiro coñecido na nosa historia; o primeiro data do ano 1536 e o segundo do século XVII.

A peza que vemos hoxe foi colocada polo construtor Manuel González Maldonado, cunha impresionante caixa obra do escultor Xoán de San Martín. Está dividido en órgano maior e órgano de ecos, con dous teclados de 45 notas. É un exemplar único da época dourada do órgano ibérico, caracterizado por un son "plenum" e unha potente linguetería.

Por este motivo, a Vila de Xunqueira de Ambía celebra todos os anos nos meses de verán unha actividade referente: os Concertos de Órgano e Música Antiga.

Vista exterior da impoñente colexiata de pedra coa súa alta torre do campanario, situada a carón da estrada principal da vila.
Edificio moderno de cor avermellada e deseño contemporáneo que funciona como albergue, situado nunha contorna verde.
Antigo órgano de tubos de estilo barroco con rica decoración dourada, situado sobre a tribuna da igrexa.
Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.