Polideportivo

Polideportivo Eva e Celtia

Dende o ano 2013, o noso polideportivo leva o nome de Eva e Celtia. É a nosa particular e sentida homenaxe a estas dúas mozas da vila, que sempre estarán na memoria de todos nós, dando nome ao espazo onde tantas veces gozaron do deporte e das actividades lúdicas cos seus veciños e amigos.

Instalacións O pavillón está situado xusto ao carón do CEIP Padre Crespo e está totalmente equipado para a práctica deportiva, tanto de afeccionados como para competicións oficiais. Conta con:

Pista polideportiva adaptada para fútbol sala, baloncesto e balonmán.

Bancadas para o público.

Vestiarios completos con servizo de duchas de auga quente.

O noso equipo: As instalacións colleron moita máis vida dende a creación do noso equipo local. Dende o ano 2025, o 5Xunqueira Futsal xoga os seus partidos como local neste polideportivo, defendendo as nosas cores e enchendo as bancadas de afeccionados cada fin de semana.

Apoiemos ao noso equipo! Podes seguir toda a súa actualidade, os calendarios de partidos e os resultados directamente no seu perfil de Instagram: @5xunqueirafs

 Fotografía de grupo do equipo local de fútbol sala, formado por mozos e mozas con camisetas brancas, posando riseiros e abrazados na pista
Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.