Canle Ética

Concello Xunqueira de Ambía

Qué é a Canle Ética?

A Canle Ética é unha vía de comunicación específica posta á disposición de calquera persoa que queira informar, mesmo de forma anónima, sobre condutas que resulten contrarias ao dereito ou aos principios e normas éticas do Concello de Xunqueira de Ambía.

Cando debo utilizar a Canle Ética? Se tes algún tipo de relación ou vínculo co Concello de Xunqueira de Ambía e, por iso, es coñecedor de calquera comportamento ou conduta irregular dentro da entidade, podes poñelo en coñecemento a través desta canle para que se tomen as medidas correspondentes.

Importante: É imprescindible que a comunicación estea respaldada por información veraz e probas que a apoien, facilitando así o posterior traballo de instrución e investigación.

Como se utiliza? O proceso é sinxelo, cómodo e confidencial:

  • Acceso: Entra na nosa plataforma segura a través da ligazón que atoparás máis abaixo.
  • Descrición: Indica o asunto da túa comunicación (acoso sexual, estafa, tráfico de influencias, etc.) e describe os feitos detalladamente.
  • Probas: Poderás adxuntar a documentación que sirva como proba para axudar á persoa instrutora.
  • Seguimento: Ao interpoñer a denuncia, facilitaraseche un código único para que poidas seguir o estado do procedemento na propia plataforma.
  • Comunicación confidencial: A plataforma dispón dun chat interno e absolutamente confidencial para comunicarte coa persoa instrutora.

Como se desenvolve o procedemento?

  • Confirmación: A persoa instrutora confirmarache a recepción da denuncia nun prazo de 7 días.
  • Resolución: O procedemento resolverase nun prazo máximo de 3 meses. (No caso de acoso moral, sexual ou por razón de sexo no traballo, tramitarase con carácter de urxencia).
  • Garantía de indemnidade: Garántese a protección absoluta de toda persoa que realice unha comunicación, quedando totalmente prohibida calquera represalia fronte a ela.

Documentación de interese Consulta os seguintes documentos para máis detalles sobre a normativa e o uso da plataforma

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.