

XESTIÓN DA BIOMASA
RELACIÓN DE PARROQUIAS E LUGARES PRIORIZADOS DENTRO DO CONVENIO DE XESTIÓN DE BIOMASA EN FAIXAS SECUNDARIAS
O Concello de Xunqueira de Ambía, informa de que, en virtude do Convenio de Colaboración suscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA para o período 2026- 2029 en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais as parroquias de SOBRADELO E A ABELEDA consideranse parroquias priorizadas para a prestación do sistema público de xestión de biomasa.
Participación voluntaria
O acceso ao servizo é voluntario para as persoas responsables dos terreos afectados e realizarase a través do Concello coa Técnica de Biomasa.
Coste do servizo
A tarifa establecida para as persoas que formalicen o contrato será de 420€ por hectárea (nunha parcela de 1000m2 o custe sería de 42€ anuais) e anualidade durante o periodo 2026-29.
O contrato terá unha duración de un ano renovable ata 2029.
De non facer o contrato, as persoas responsables das fincas priorizadas teñen a responsabilidade de mantelas limpas por elas mesmas antes do 31 de maio de cada ano.
ANUNCIO
OBRIGAS SOBRE MEDIDAS PREVENTIVAS CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS
