Servizos Sociais

Servizos Sociais Comunitarios

Servizo Sociais de Atención Primaria.

Horario de atención ao público: Luns a venres, de 9:00h a 14:00h na Casa do Concello.

Os servizos sociais comunitarios son a canle de acceso normalizado ao sistema galego de benestar. O noso obxectivo é garantir unha atención próxima, personalizada e confidencial para previr situacións de exclusión e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Programas e servizos básicos

  • Valoración e orientación: Información en materia social para persoas, familias ou a comunidade en xeral.
  • Servizo de Axuda no Fogar (SAF): Atención no domicilio para facilitar a autonomía persoal e a permanencia no contorno habitual.
  • Inserción social: Proxectos de intervención e prestacións económicas para persoas en risco de exclusión.
  • Fomento da cooperación: Impulso do asociacionismo solidario e coordinación do voluntariado social.

 

Prestacións e Prazos de Presentación

 A maioría dos nosos servizos pódense solicitar en calquera momento, agás convocatorias específicas:

  • Valoración de dependencia e discapacidade (Lei 39/2006): Todo o ano.
  • Axuda no fogar: Todo o ano.
  • Plan de axuda alimentaria: Todo o ano.
  • RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) e Emerxencia Social: Todo o ano.
  • Pensións non contributivas (Xubilación e invalidez): Todo o ano.
  • Teleasistencia domiciliaria (Cruz Vermella e Deputación): Todo o ano.
  • Programa Xantar na Casa: Todo o ano.
  • Balnearios Imserso: Solicitudes ata o 31 de outubro de 2025.
  • Balnearios Xunta: Pendente de convocatoria en 2025.

Natureza e Garantías dos Servizos Sociais Comunitarios

Os Servizos Sociais Comunitarios son o primeiro nivel de intervención e a canle normalizada de acceso ao sistema galego de benestar. Teñen un carácter local, aberto e polivalente, e préstanse de forma directa desde as dependencias da Casa do Concello mediante un equipo interdisciplinar.

A nosa actuación incorpora sempre unha perspectiva de anticipación e prevención das situacións que poidan causar exclusión social, dependencia ou desprotección. Neste sentido, os nosos servizos garanten:

  • O dereito de acceso universal ao sistema en condicións de igualdade.
  • A proximidade real ás persoas usuarias e ás súas familias.
  • Unha intervención social personalizada, integradora e coordinada nun contorno normalizado.
  • A derivación técnica cara ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección cando sexa necesario.
  • A prevención comunitaria dos problemas sociais e a promoción da solidariedade na nosa vila.

Dereitos das persoas usuarias

  • Ser tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
  • Acceder e utilizar os servizos en condicións de igualdade e non discriminación.
  • Recibir unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración que requira cada caso.
  • Recibir información áxil, veraz e comprensible sobre os recursos e prestacións, así como orientación nos trámites cara a outros sistemas de benestar.
  • Ter asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora e asegure a coherencia da intervención.
  • Coñecer a organización e o regulamento do servizo, así como a situación do seu expediente en todo momento.
  • Ter garantido o tratamento totalmente confidencial dos seus datos persoais (segundo a lexislación vixente).
  • Ser informadas de maneira clara sobre a intervención prevista, elixir libremente as medidas adecuadas (dentro da oferta e tras a valoración técnica) e participar nas decisións que modifiquen o proceso.
  • A calidade dos servizos recibidos e o dereito a presentar queixas e suxestións á persoa coordinadora.
  • O respecto aos seus dereitos lingüísticos, garantindo a atención e a práctica positiva do idioma galego.

Deberes das persoas usuarias

  • Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
  • Facilitar información precisa e verdadeira, e comunicar ao persoal calquera cambio nas circunstancias familiares, sociais ou financeiras que afecten ás prestacións.
  • Cumprir coas condicións do servizo e colaborar nas tarefas do persoal (poñendo á súa disposición os medios materiais necesarios cando o servizo se preste no domicilio).
  • Colaborar co persoal asignado: acudir ás entrevistas, seguir as orientacións e participar no desenvolvemento das actividades acordadas.
  • Manter unha actitude positiva e activa no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
  • Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
  • Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, sen exceder os límites das súas obrigas laborais.
  • Participar no pagamento dos servizos naqueles supostos concretos que estableza a normativa municipal.
  • Comunicar con dez días de antelación calquera ausencia temporal que impida a execución dos servizos no seu domicilio.
Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.