XESTIÓN BIOMASA

Xestión da Biomasa

Luns a venres de 9.00 a 14.00h.

A Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
de Galicia ten por obxeto defender os montes ou terreos forestais
fronte incendios e protexer as persoas e bens afectados polos
mesmos, e obriga as persoas responsables a xestionar a biomasa
forestal nos terreos incluidos na rede de faixas.
O Concello de Xunqueira de Ambía aprobou o seu plan municipal de
prevención e defensa contra os incendios en data 16.10.2020 que
inclúe a delimitación da rede de faixas secundarias de xestión de
biomasa.
Pode consultar a información nos mesmo plan, nos PLANOS ou no visor de faixas da Xunta
https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

Con carácter xeral, nas parcelas afectadas non poderá haber
arbores das seguintes especies:
PIÑEIRO, ACACIA , EUCALIPTO…
Tampouco maleza como : XESTAS, CARQUEIXAS, TOXOS…. VER LISTA COMPLETA AQUÍ
 

XESTIÓN DA BIOMASA

PRIORIZADAS

O Concello de Xunqueira de Ambía, informa de que, en virtude do Convenio de Colaboración suscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA para o período 2026- 2029 en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais as parroquias de SOBRADELO E A ABELEDA consideranse parroquias priorizadas para a prestación do sistema público de xestión de biomasa.

Participación voluntaria

O acceso ao servizo é voluntario para as persoas responsables dos terreos afectados e realizarase a través do Concello coa Técnica de Biomasa.

Coste do servizo

A tarifa establecida para as persoas que formalicen o contrato será de 420€ por hectárea (nunha parcela de 1000m2 o custe sería de 42€ anuais) e anualidade durante o periodo 2026-29.

O contrato terá unha duración de un ano renovable ata 2029.

De non facer o contrato, as persoas responsables das fincas priorizadas teñen a responsabilidade de mantelas limpas por elas mesmas antes do 31 de maio de cada ano.

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.