CAMIÑARTES, 10, 11 e 12 de xuño.

9/06/2022

Organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía, e coa colaboración da Deputación de Ourense, e coa colaboración do Obispado de Ourense e a Parroquia de Santa María a Real,  volve a Xunqueira de Ambía Camiñartes, un fin de semana che de poesía, danza, música no incomparable marco patrimonial e monumental da Colexiata de Xunqueira de Ambía.

Nesta ocasión contamos coa presenza de numerosos artistas da rama musical e da danza, e tamén poetas, como a local Rochi Nóvoa, acompañada de Ars Combinatoria, Iván Solano ou Elsa Ferrer entre outros.

Este primeiro encontro terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño e o segundo será en xullo, na fin de semana do 29 ao 31 de xullo.

A entrada é libre ata completar aforo, polo que se aconsella facer reserva de prazas, tanto no número de teléfono 633088673 ou no  988436069 como a través do mail concello.xunqueiradeambia@eidolocal.es

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos