XXXII CICLO DE ÓRGANO E MÚSICA ANTIGA

26/07/2021

Por trixésimo segundo ano consecutivo a música de órgano chega de novo a Xunqueira de Ambía, cunha nova edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga. Este ano 2021 de novo marcado pola pandemia, pero voltando a certa normalidade en canto a contido e artistas.

De novo os concertos terán lugar dosu domingos de agosto e dous de setembro, cun escenario único como é a Colexiata de Santa María a Real e a xoia que garda no seu interior, o Órgano Ibérico.

Inaguraráse o 22 de agosto coa actuación do Grupo de Música Antiga Ars Longa, dirixido por Teresa Paz, chegados dende Cuba.

A segunda cita será o 29 de agosto e desta banda desfrutaremos do portugués Rui Soares, organista titular da Igreja de Clérigos en Oporto.

O terceiro concerto, xa o 5 de setembro, convidaranos a desfrutar dunha habitual, Marisol Mendive, concertista internacional e profesora de órgano no Conservatorio da cidade de Ourense.

E como remate final, o valenciano Pablo Márquez Caraballo, organista titular da Catedral de Valencia pechará o 12 de setembro esta trixésimosegunda edición.

 

Por motivos de seguridade condicionados pola situación de pandemia na que aínda nos atopamos, os concertos terán aforo limitado e cumpriranse todas as normas de prevención, hixiene e distancia social. Máscara obrigatoria durante todas as actuacións.

Os concertos poderían sufrir cambios a causa dos posibles reaxustes da normativa sobre a Covid19.

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos