Albergue de Peregrins

Camiño de Santiago

Albergue de Peregrinos

Horarios:

Apertura/Opening: 12:30 horas.

Selado/Sealed/Registry: Rexistro de credenciais e pago no propio Albergue.

12:30 horas-15:30 e 20:00 horas.

Telf:  689866494

 

Capacidade:

O Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía, conta con 24 prazas, sendo o pavillón de deportes utilizado para grupos numerosos.

Condicións e servizos:

Dende o 1 de xaneiro de 2008, para poder acceder aos albergues o peregrino deberá comprar en cada un deles, un bono albergue (6€), que o habilita unicamente para o uso das instalacións nas que foi adquirido e na data que figura no anverso. Non será válido en calquera outra data nin outro albergue.

Só se poderá permanecer unha noite en cada albergue, a excepción dos albergues do Monte do Gozo e San Lázaro, ambos os dous ubicados en Santiago de Compostela, e o número de peregrinos acollidos cada día estará limitado ás camas que teña cada instalación.

A orde de preferencia é:

 peregrinos a pé.

 a cabalo.

 en bicicleta.

 e os que viaxan en coche de apoio.

Unha vez adquirido o bono, é moi importante que se conserve ata que se abandone o albergue, no caso contrario, os albergueros/as poderán pedirlle ao peregrino que desaloxe as instalacións.

O albergue permanecerá aberto dende as 12:30 horas ata as 22:00 horas.

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.