Rutas, sendeirismo, deporte

Tagline

Sendeiro de Os Pelamios PGR194

A ruta de sendeirismo PR-G 194 Sendeiro de Pelamios comeza en Xunqueira de Ambía. Por camiños e corredoiras iremosnos achegando ao río Arnoia. Percorreremos as dúas marxes do río para encamiñarnos hacia San Xillao, onde podemos ver a súa pequena capela y unhas curiosas formacións graníticas.

Continuaremos o camiño ata A Pousa, onde se atopa a capela da Virxe do Camiño, en clara referencia á Víada Prata que pasa por este lugar. Regresaremos de novo hacia o río Arnoia, pasando por Vilanova y Vilariño do Río. Ao cruzalo encontraremos o Ecoespazo do Rexo onde podemos contemplar a obra do artista Agustín Ibarrola, unha intervención pictórica e escultórica integrada no espazo natural.
Só nos queda regresar a Xunqueira de Ambía onde podemos visitar la Colexiata de Santa María.

DISTANCIA / DURACIÓN

16,6 km /4 horas 15 minutos

PERCORRIDO

Xunqueira de Ambía, San Xillao, A Pousa, Vilanova, Vilariño do Río, Ecoespazo O Rexo, Xunqueira de Ambía

SINALIZACIÓN

Segundo a normativa de homologación da FGM. Existe un panel informativo no inicio da ruta. Marcas de pintura realizadas en 2015

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.