Saúdo do Alcalde

Saúdo do Alcalde

Xunqueira de Ambía

Como alcalde de Xunqueira de Ambía, e para min unha honra poder saúdar mediante esta canle a veciños e veciñas. así como dar a benvida a todo aquel que nos visita.

Esta nova páxina pretende ser unha ferramenta útil na relación coa ADministración Local, pero tamén un lugar de información tanto para a veciñanza nos temas de interese, como de visitantes que queiran achegarse a coñecer o noso Concello.

Xunqueira de Ambia agocha numerosos tesouros, dos que aqui vos mostramos unha pincelada, que esperamos descubrades en profundidade. Dende o noso río Arnoia, pasando polo castro de Outeiro do Castro, pero tamén a Colexiata e as numerosas e fermosas capelas das nosas bonitas aldeas.

A Pedra Alta, a Cruz da Farria, o Castro da Bariña, O Bañiño, a aldea de San Xillao e a súa "pedra lunar"... Lugares que están agardand a visita de todos e todas.

Recibide pois a máis sincera benvida, agardamos desfrutedes de Xunqueira de Ambía.

 

José Luis Gavilanes Losada

Alcalde de Xunqueira de Ambía

Logo

© Concello de Xunqueira de Ambía

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.