Nova:

Dende a Aula CeMIT do concello atendendo as medidas da Xunta de Galicia e autoridades Sanitarias nestes momentos de propagación do COVID-19 vemonos na obriga de actuar con responsabilidade e comunicarvos  que se suspende temporalmente as actividades da Aula CeMIT do concello ata novo aviso.

ESperamos poder voltar pronto a actividade Normal

Rede CeMIT:

A rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega.

A rede CeMIT, ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da activiadade económica,empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para formar parte activa da sociedade da información.

Horario:

Actualmente o horario da aula é de tarde. Estamos abertos os martes e xoves de 16:00 horas as 20:30 horas.

 

  • Cursos no mes de Decembro:

Durante o mes de Decembro, hai planificada unha actividade formativa de alfabetización Dixital:

 

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA CELEBRARÁ 2 CURSOS NA AULA CEMIT DE XUNQUEIRA DE AMBÍA NO MES DE DECEMBRO.

 

Elaboración de postais para nen@s:  Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para comezar a realizar as postais de nadal empregando a aplicación Scratch. Esta actividade vai destinada a nen@s que teñan unha idade entre 8 e 12 anos. A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 3,5,10,12,17 e 19 de Decembro en horario de 16:00 horas ás 18:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 3 de Decembro.

Seguridade nas compras empregando Internet: Nesta actividade se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para poder realizar as compras empregando a rede de manera
segura e fácil. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do ordenador, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc.). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 3,5,10,12,17 e 19 de Decembro en horario de 17:00 horas ás 18:30 horas. O prazo para matricularse termina o día 3 de Decembro.

 

 

 

2021 © Concello Xunqueira de Ambía

Praza San Rosendo nº 1, Xunqueira de Ambía. Tel 988436069. Fax 988436040

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos